6/07/2007

PARA A XENTE QUE VAI A PADOVA

Para a gente de Pádova: http://www.unipd.it/programmi/socrates.html
Aquí podedes atopar umha série de ligaçons de interesse.

TRANSPORTE A BARI

A mellor combinación para a viaxe de ida con avión é facer Santiago-London Stansted e logo London St-Bari, todo con Ryanair.
Para a viaxe de volta, penso que o máis cómodo é coller un tren Bari-Roma e logo, con Ryanair, facer Roma-Santiago.
O problema conRyanair, o límite de peso da equipaxe (15 Kg no facturado).

CURSOS DE LINGUAS PARA ERASMUS

O Centro de Linguas Modernas da USC convocou os cursos de linguas estranxeiras para Erasmus, as datas son 9-20 de xullo e os/as bolseiros/as Erasmus pódense matricular entre o 25 de xuño e o 3 de xullo.
Máis información en:

6/06/2007

PREGUNTAS E RESPOSTAS

Se queres facer algunha pregunta, escríbea nos comentarios. Se cadra hai alguén que xa tivo a mesma dúbida e deuna resolto.

FOROS ERASMUS

Na páxina http://www.erasmusworld.com/portal/ podes atopar información interesante para persoas que van facer/están facendo un Erasmus.

O apartado máis interesante é o dos foros, que se clasifica por países.

HORARIOS DE TRENS

Para consultar horarios de trens, unha das páxinas máis fiables e a da compañía de Trens de Alemania

COMPAÑÍAS DE AVIÓN

Hai unha páxina que che axuda a atopar distintas compañías de baixo custe, seleccionando o país de orixe e o de destino (ou por outras categorias).

http://cheap0.com (selecciona "route search")